Apicultor e nena xuntos nun colmenar galego

MEL O ABELLEIRO

Nacido entre montes e bosques do noroeste, coidado pola nosa familia de principio a fin.

O NOSO ENTORNO

Entre bosques e montes, sen présa

As nosas colmeas viven entre pedra, fento e árbore vella, repartidas en distintos asentamentos entre bosques e montes. Pero sempre traballando cunha premisa: respectar o ritmo das abellas e do monte que as alimenta.

País de orixe: España.

Paisaxe ilustrada con montes, fraga e colmeas
Colmenar real entre eucaliptos nos montes de Lugo

Os nosos colmeares

Colmeas entre castiñeiros, silvas, eucaliptos e carballos

Cada asentamento escóllese polo que floreza ao seu redor. As colmeas quedan a resgardo do vento, ao sol da mañá, coa fraga como despensa.

Panorámica das colmeas O Abelleiro baixo os castiñeiros
Ilustración dun colmenar entre carballos e eucaliptos
Apicultores no colmenar do eucaliptal

O oficio e o coidado

Traballo real, colmea a colmea

Revisar, afumar con calma, erguer cadros, entender a familia que vive dentro. O oficio non se apura: acompáñase.

Por iso, a nosa familia e os nosos fillos nos acompañan desde pequenos mentres traballamos, aprendendo a observar, a coidar, a entender e a respectar este marabilloso mundo que é a apicultura.

Apicultores traballando na fila de colmeas baixo as árbores
Colmeas O Abelleiro no eucaliptal, cos montes ao fondo
Apicultor afumando unha colmea
Apicultores revisando un cadro de mel
Apicultor cun panal nas mans

Da colmea ao bote

  1. 01

    O monte

    Escollemos os asentamentos entre eucalipto, castiñeiro, carballo e silva.

  2. 02

    As abellas

    Coidado e revisión colmea a colmea ao longo do ano.

  3. 03

    A colleita

    Retirada dos cadros no seu punto, sen forzar a colmea.

  4. 04

    O bote

    Extracción en frío e envasado artesanal en botes de 1 kg.

Cadro de mel operculado con abellas

O MEL E AS ABELLAS

Moito máis que mel

As abellas forman parte dun equilibrio moito maior. Ao ir de flor en flor, polinizan plantas e árbores e contribúen a manter a diversidade e a vida dos nosos montes. O seu traballo silencioso vai moito máis alá da colmea.

Nós coidamos as colmeas; elas fan o resto. Durante meses percorren o monte, traballan cada floración e enchen pouco a pouco os panais. Cando o mel está listo, séllano. Ese é o momento de recollelo.

E dese traballo nace un alimento que leva acompañando ás familias desde hai xeracións: o mel. Un produto sinxelo e natural que termina na nosa mesa despois dun percorrido que comezou moito antes, entre flores, abellas e monte.

Colmea aberta chea de abellas sobre os cadros
Cadro de mel de castiñeiro con abellas e ourizos
Afumador tradicional entre flor de eucalipto

Escolle o teu mel

Dous meles, dúas maneiras de saborear o monte

Formato de 1 kg.

Mel Clara

Mel Clara

Eucalipto, castiñeiro e silva

1 kg
12,00 €
Mel Escura

Mel Escura

Castiñeiro, carballo e silva

1 kg
12,00 €
Cadros de mel no obradoiro, listos para a extracción
Sala de extracción con cadros de mel e material de traballo
Sala de extracción con depósitos e equipamento de aceiro inoxidable
Mel a caer no extractor tras o desoperculado

E ASÍ ENTENDEMOS A APICULTURA

Unha historia que continúa en cada bote

Aprendemos este oficio en familia, con amigos, con ilusións, e así queremos seguir vivíndoo. Entre montes, colmeas e abellas, xeración tras xeración.

Cada bote de Mel O Abelleiro leva un pouco desa historia. Agora só queda abrilo e gozalo.

Botes de mel O Abelleiro xunto a unha colmea, un panal e un afumador

Proba unha culler.

Non fai falla máis para saber de onde vén.

Ir á tenda